martes, 25 de junio de 2013

XIII CAMPIONATO DE PESCA DEPORTIVA “SALMÓNIDOS MOSCA - CIDADE DE NARÓN”

A “Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia” organiza para o próximo 29 de Xuño o XIII Campeonato de Pesca Deportiva “Salmónidos Mosca – Cidade de Narón”, que se celebrará nos cotos de Xuvia e San Sadurniño, ambos no río Grande de Xuvia.

O torneo, extenderase ó longo de todo o día e será en la modalidade de pesca sen morte, isto é, capturado o peixe, este é medido, desanzólase e inmediatamente é devolto ó agua.

A concentración para o inicio do campeonato será no Bar Os Rubios (A Mourela-Neda) ás 7:30 onde se procederá á entrega da documentación e asignación de tramos.

Coma escenarios deportivos usaranse os coutos de pesca San Sadurniño sen morte e de Xuvia.

Destacar a participación de varios campións de pesca deportiva a tódolos nineis (autonómicos, provinciais e inclusive nacionais). Contará tamén coa presencia de varios miembros da actual selección galega de pesca e inclusive có vixente campión do Mundo de Pesca a Mosca, o coruñés David Arcay. É, polo tanto, o campionato social de maior nivel de participación de Galicia, tanto a nivel cualitativo como cuantitativo.

Desta proba sairán os cinco primeiros pescadores que se clasifiquen para participar no campionato provincial do próximo ano.

Estes cinco primeros clasificados tenrán opción a participar no OPEN MIGUEL PESCA, que se celebrará o 14 de Setembro neste mismo escenario, coa dirección técnica a cargo da nosa sociedade. Nesta proba batiranse os 5 primeros clasificados dos seguintes torneos: Cidade de Narón, Waldemar, Santiaguiño do Monte, Cibeira, Escola de Alonso e Open Ribeira Sacra.
Os interesados na inscripción poden poñerse en contacto coa organización nos tel 615055041 ou 687717158.