jueves, 19 de diciembre de 2013

Xornada de montaxe de Fario-8 febreiro de 2014


Pois iso, que os colegas de Fario argallan unha xornada de montaxe para o día 8 de Febreiro e o colega Suso Vilar tivo a ben en invitarme para argallar algunha mosca de mar.
Veremos o que se me ocurre para esa data, pero xa vos adianto que sendo como será nas últimas datas da tempada de caza, a miña cabeza estará no medio dos toxos e non no torno. Pero polo amigo Suso, o que sexa.
Xúntovos o cartel para que vexades o elenco de montadores.