miércoles, 1 de mayo de 2013

Día de salmón no Xuvia

Hoxe comenzaba a tempada de pesca de migradores en Galiza.
Era o que estabamos agardando moitos pescadores que temos os nosos ríos chapados a cal e e canto ata que abre a veda. E digo isto, porque non dou entendido a razón pola que os coutos e zonas libres sen morte están pechadas ata a apertura da veda. Non se entende que si non se fai extracción, non se poida ir desfrutar do río, por moitos migradores que teña.
Bueno, ó lío.
Quedei cun compañeiro ás 7:30 para tomar café.
Ás 8 xa andabamos a repartir relixión polo Xuvia adiante. El a cebo e eu a rapala. A mañá, logo de dar coa coor de peixe precisa púxose interesante. As troitas non estaban comedoras, pero estaban agresivas e as picadas se sucedían.


O mais rechamante do día foi a cantidade de esguíns de reo, tocados ou prendidos, que tanto eu como outros pescadores ó longo de todo o río (consultei xente que estivo pescando pola metade de recorrido do río) que se foron vendo. Cousa bóa que que augura unha boa tempada para o ano que ven. A verdade é que con anterioridade houbo un bó reclutamento de esguíns durante o mes de Febreiro, que se vían con abundancia no cauce baixo e a ría


Como digo unha mañá que non pasaba de entretida, porque varias pezas de porte non acabaron por prenderse.
Contra a mediodía decidín cambiar a afogada. Esta tempada estou tratando de poñerme ó día con esta vella arte e asegurar os rudimentos necesarios para poder pescar cunha certa seguridade. Como sabedes son refactario (polo momento) ó wolframio, pero a pesca a afogada, tan parecida á pesca a mosca do salmón, atraeme sobremaneira.


Según me poño a pescar as picadas sucédense. A maior parte das pezas son pintos, que neste tramo de río, enseñoréanse e mandan con claridade sobre troitas e reos.


Pero a sorpresa estaba por vir. De repente un pequeno toque, similar a outro pinto mais. Templo, isto é o difícil da afogada, non cravar na picada, senon templar e que a propia peza e a resistencia da liña fagan o resto. A resposta é inmediata. Un arreón brutal. Pola cabeza pasan moitas imaxes xuntas. E a resposta faise peixe. Noto que é unha peza de respeto e que se descolga. Duas tarascadas mais e quedase quieto. Estamos a ouservarnos mutuamente, penso. O corazón saeme pola gorxa.- E de repente vexo o cabezón xurdir. Mimá, que peixe. Penso en como estará cravado, penso se  0,20 de Tecnocast aguantará desta besta.
Pero xa mais tranquilo doume conta que algo non cadra. O peixe non está á altura. E a resposta chega á cabeza como un martelazo: É un zancado.
O peixe, logo de manterse alonxado pasa como de paseo, xunta de min. e vexo o que é. E un salmonazo, pero o seu perfil confirma a súa falta de carraxe e de forza.


Segundo problema. Non hai sacadeira, nin quen a dea. Por sorte está na ribeira o amigo Alberto, o dono desas ''desbrozadoras peludas do país'' que tan pacido e limpo teñen o Xuvia neste tramo. Achégase pola sacadeira ó coche. E un pouco despois aparecen dous pescadores mais. Un deles axudame a asalabrar.
Xa tendo craro o que é tratamos de minimizar o manexo do zancado, non lle vaia dar un repente e pasar a mellor vida.
Por desgraza isto fai que non revise se as fotos que me quita este auxiliador. E por desgraza as fotos non saen. Pero antes de pasarlle a cámara quito un primeiro plano da cabeza do peixe, onde se pode ver a mosca.


Non obstante a falta de fotos dame igual. Mellor un peixe vivo, que unha fotos boas. Para min é suficiente o recordo e logo de recuperado, velo sair como un foguete augas abaixo, éncheme dunha ledicia difícil de explicar. Soamente desexo poder pelexar con el dentro de dous anos, cando pese 4 kilos mais que agora de carraxe e forza mariña.
O zancado era un salmón macho duns 3 kg de peso e uns 70 cm de lonxitude.
Un día para recordar.