domingo, 9 de marzo de 2014

De Miranda pola Terra de Miranda. Comenzou a eclosión no Eo

Pois resulta que aproveitando este interludio entre cicloxéneses (que palabro, antes soamente chegaban a temporais) e como o de ir facer de lagartixa á praia non é moito do meu gusto, pois veño de aproveitar e facer unha visita ó grande río Eo, que tanto me ten dado, para ver como anda todo por aló, logo da ocurrencias de confederacións e técnicos varios. Ademais hai que aproveitar para cumplimentar ós amigos que viven nas súas ribeiras.




Chegamos en torno ó mediodía e paramos na Xesteira. O río xa decideu por onde ha ir e case amortizou por completo o pozo do pé do refuxio e o tiro xa mudou cara á marxe da estrada nacional. Aparte de todo isto o  pozo de Xesteira por riba da ponte colgante tiña un aspecto inmellorable e suxerente.



Na Ponte de San Tirso o río viña esplendoroso e incluso diría eu mais, case pescable. Nivel un pouco por riba da ponte vella e polo tanto practicable. A ver como vai para o mes de Maio, logo de manter un nivel alto e sen oscilacións ó longo de toda a época de reproducción.
É un pouco agresiva a solución que se lle deu á erosión da ponte, coa nova escolleira, pero entendo que asegurar a accesibilidade do pobo é o primeiro. Non obstante non é agradable á vista.
Tamén estivemos en Louredal, que lucía espectacular igual que a Volta.



A sorpresa neste punto foi ver o primeiro alevín de salmónido do ano. E digo salmónido porque a distancia e có saco vitelino recién reabsorbido, non é doado saber de que se trataba. Imaxino que sería troita porque foi atopado nunha charca do cauce secundario que parte da escala salmoneira, agora seco,  e o probe quedou atrapado nunha poceira. Parecía ben contento cado o ceibamos na beira do cauce principal logo de sorbelo cunha botella de auga.





Pola tarde fumos de paseo pola ZLSM de San Tirso con Xosé Mª Maca e señora . Quedabanos a dúbida de como afectarían as obras de encauzamento e corta de ribeira na cola do pozo de Fonte dos Pollos. Hai que decir que este pociño é a meniña dos meus ollos e tiña preocupación por como puidera ter afectado a cafrada perpetrada en Outono pola Confederación hidrográfica do Norte. Aparentemente, pois estas cousas deberían ser analisadas por un experto en hidromorfoloxía e non por un pobre licenciado en Historia (dos que aínda estudaron Xeografía e teñen nocións destas cousas) os danos no pozo referido non son moi grandes, pero a saca de materiais augas abaixo reprofundizou e ampliou a cabeceira do pozo.





Tamén de novo vimos pequenos salmónidos escondidos entre as herbas das pequenas charcas da ribeira. Non sabedes que alegría me da ver as novas promesas de anos vindeiros en tal abundancia. E iso que coa turbidez non se ven con facilidade.




Outra sorpresa foi a espectacular eclosión de tricos que había na zona. Eran tantos que case velaban a luz do atardecer.



O pozo de augas abaixo,onde estaba a illa que desbarataron, quedou feito un chao, ó que imaxino con pouca vida e evidentemente a parada de grandes reos que tiña, pasou a mellor vida. Non obstante haille que dar  tempo ó río e imaxino que reprofundizará un novo pozo en canto poida.
E isto foi o que deu de si a visita ó pai Eo. Espero velo con tan boa saude en moi pouco tempo cando oficiemos en Louredal e en Salmeán.