Presentada denuncia contra un grupo de kayaks que interferían coa
práctica da pesca no couto troiteiro Xuvia
Na xornada do día 27 de de
Xullo do presente, recibeuse o aviso de que un grupo de kayaks (dous,
con tres ocupantes) estaban a interferir na xornada de pesca que un
grupo de 6 pescadores desenvolvían entre a presa de
Gradaille-Retorta e a Piscifactoría de Xuvia.
Concretamente dous socios deste
sociedade e catro amigos chegados de Vilarmaior e Monfero, resultaron
menoscabados os seus dereitos de pesca pola presenza destes aparellos
no entorno do couto de pesca.
Enterados deste feito logo do
aviso de varios destes pescadores, procedeuse a dar aviso ós
vixiantes de Medio Ambiente e ó SEPRONA da Garda Civil, para que se
fora o caso denunciaran estes feitos que como veremos de seguir, son
sancionables conforme á Lei 7/1992, do 24 de Xullo, de Pesca Fluvial
de Galicia.
Esta Lei no seu Capitulo II de
Infraccións e sancións, no seu artigo 33, apartado 8, di
textualmente:Bañarse,
navegar con lanchas ou embarcacións de recreo ou realizar
actividades expresamente prohibidas entorpecendo a práctica de las
actividades regladas por estaLei nos lugares onde o desenvolvemento
de tales actividades tivera sido declarado e sinalado como
preferente.
Da
mesma maneira, no Regulamento que desenvolve a lei, no seu artigo 87
apartado 13, dise textualmente: A práctica de
actividades recreativas ou deportivas distintas da pesca, naquelas
augas declaradas coutos de pesca, vedados de pesca, desovadoiros ou
de especial interese para a riqueza piscícola, salvo cando se conte
con autorización do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural.
Esta
última autorización non lle consta ó Servizo de Conservación da
Natureza que se tramitara en ningún momento.
Polo
tanto na lexislación vixente queda perfectamente claro que o uso
de embarcacións nos tramos que foran declarados coutos de pesca (e
polo tanto o seu uso piscícola declarado como preferente) queda
prohibido cando menos na tempada de pesca sinalada na orde de vedas
anual.
E
como maior xustificación está o pago da taxa administrativa en
forma de permiso de pesca que hai que obter para poder practicar a
pesca nestas augas, que ten un importe de 8 euros diarios.
Os
denunciados, que parece ser que non eran afeccioados, senon que
estaban guiados por unha empresa de multiaventura radicada en San
Sadurniño, parece ser que exhibiron unha autorización
administrativa de navegación expedida polo organismo Augas de
Galicia para a bacía do Xuvia, autorización que como acabamos de
ver é nula de pleno dereito nos entornos dos coutos de pesca segundo
a lexislación en vigor. Polas noticias que temos foron
denunciados polo SEPRONA de Pontedeume.
Xa
previo ó inicio da tempada actual (mes de Abril), falamos con outro
grupo de kaiakistas (pertencentes á mesma empresa), comentándolles,
que unha vez iniciada a tempada, non era legal navegar no couto de
pesca, e si eran interceptados, serían denunciados. Parece ser que
os avisos amistosos non xurden efecto e polo tanto tivemos que optar
polo camiño da denuncia.
En
evitación de futuros conflictos que a nada conducen, queremos facer
pública toda esta fundamentación legal, para evitar desagradables
denuncias logo de interferencias coas xornadas de pesca, legalmente
autorizadas no couto de Xuvia.